Celebrase “Diálogos 03” un debate interdisciplinar sobre a mellora forestal en Galicia

A Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié e expertos en ordenación territorial, xestión e industria forestal celebrarán o vindeiro sábado 27 de abril: “Diálogos 03” un debate interdisciplinar sobre a mellora forestal en Galicia.
A sesión de debate realizarase na sede da Fundación Barrié de la Maza, a partir da exposición e conclusións dos traballos realizados.
Os interesados en asistir deben rexistrarse no seguinte formulario.
O acto, gratuito e abierto ao público até completar aforo, será presentado polo presidente da Asociación de Becarios, Fernando González Laxe e contará coa participación de varios membros da Fundación Barrié, entre os que destacan Ana José Varela, directora xeral de Inversións e iniciadora deste estudo xunto con Antonio Varela; Montserrat Orta, Responsable do Programa de Bolsas e The Boston Consulting Group (BCG).
O obxectivo final é poder presentar á Xunta de Galicia 3 ou 4 conclusións documentadas cuxa implantación sexa viable e que faciliten a mellora forestal en Galicia.