Unha mesa redonda reflexiona sobre o papel de Santiago Álvarez na redefinición do programa agrario comunista durante o franquismo

A Fundación 10 de Marzo de Comisións Obreiras (CCOO) de Galicia e o Proxecto de Investigación "Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960 - 1982)" organizan hoxe día 19 de febreiro ás 19h30 no salón de actos da Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, unha Mesa redonda baixo o título: Santiago Álvarez e o programa agrario do Partido Comunista de España, na que participarán Manuel Peña - Rey, dirixente histórico do Partido Comunista de Galicia (PCG); Víctor Manuel Santidrián Arias, historiador especializado na historia do PCE; Ricardo Gurriarán, en representación da Fundación 10 de Marzo e Daniel Lanero Táboas, historiador do Depto. de Historia Contemporánea e de América da USC e membro de HISTAGRA.

Esta actividade, de libre acceso e con vocación divulgativa, insírese no marco da Exposición Santiago Álvarez, comunista... que se poderá visitar en esta mesma ubicación até este xoves 21 de febreiro, en horario de 8h30 a 21h.

Documentos