Comezan as exhumacións do PMD de Galicia 2026

Comezan as exhumacións do PMD de Galicia 2026

 

O pasado mes de setembro asinouse por parte da Xunta de Galicia e la Universidade de Santiago de Compostela  o convenio polo que se desenvolve o Plan de Memoria democrática de Galicia para 2026. 

 

De novo, HISTAGRA lidera un equipo formado por historiadores, arqueólogos, antropólogo-forense e xenetistas cuxa tarefa son os traballos de exhumación e recoñecemento de fosas da violencia franquista en Galicia. 

 

O Plan cuadrienal de Memoria Democrática, que ampara estes traballos, integra tres liñas estratéxicas fundamentais das políticas públicas de Memoria Democrática que se pretenden desenvolver ao longo do período (2025-2028), aínda que os seus obxectivos sexan revisables de forma anual. 

 

Estas liñas estratéxicas son: 

- Localización, exhumación das fosas e identificación de vítimas 

- Divulgación de traballos efectuados e resultados conseguidos 

- Recoñecemento dos lugares de enterramento e promoción dos lugares de memoria 

 

As tarefas de 2026 darán comezo maña mércores día 4 de novembro no cemiterio de Santa María de Castro en Miño (A Coruña)

 

Para a anualidade de 2026, os traballos que se levarán a cabo son: 

 

Fosa de Ribeiras de Sor (Mañón). Trátase de seguir coa intervención de 2025 cando se realizou o estudo histórico.

 

Fosa de Luou/Ribeira (Teo). Trátase de continuar cos traballos de 2025 no cemiterio de Luou (Teo). Nesta ocasión coa exhumación dun suposto familiar dun dos asasinados no cemiterio de Ribeira

 

Fosa de San Pedro de Filgueira de Trabanca (Oza-Cesuras): Trátase dunha fosa na que se atopan 2 vítimas

 

Fosa de Santa María do Castro (Miño). Trátase dunha fosa na que se atopan 2 vítimas

 

Fosa de San Francisco (Ourense). É preciso un estudo a fondo do espazo e das vítimas para unha catalogación máis precisa das diferentes fosas neste espazo

 

Fosa de San Vicenzo de Vilameá (A Pontenova). Trátase dunha fosa na que se atopan catro vítimas

 

Fosa de Pontevedra/A Estrada (Pontevedra). Trátase dunha fosa na que se atopa unha vítima

 

En función dos criterios de reparto orzamentario acordados na reunión do 24 de abril de 2026, do Consello Territorial de Memoria Democrática, á Xunta de Galicia correspóndelle en 2026 un importe definitivo de 97.811,81 €.