Defensa da tese de David Fontan Bestilleiro

Defensa da tese de David Fontan Bestilleiro

 

O próximo xoves dia 1 de outubro ás 11 da maña terá lugar a defensa pública da tese de doutoramento do investigador de HISTAGRA David Fontán Bestilleiro. Será no Paraninfo da Universidade.

 

A tese, que leva por título Comunais, conflitos e sustentabilidade nos agroecosistemas da Galiza atlántica (s. XVIII - s. XXI). Articulación e desarticulación do territorio, do marco orgánico ao industrial, está codirixida por Lourenzo Fernández Prieto, Catedrático de Historia Contemporánea da USC e David Soto Fernández, doutor en historia contemporánea e profesor da Universidade de Santiago de Compostela.

 

David Fontán Bestilleiro (A Coruña, 1992) é graduado en Xornalismo (2015) e Historia (2017) e Máster Universitario en Educación Secundaria (2018) e en Historia Contemporánea (2020) pola Universidade de Santiago de Compostela. Ademais da súa carreira profesional nos campos do xornalismo e a comunicación, ten realizado diversas investigacións no ámbito da historia rural, especialmente desde as perspectivas social, política e ambiental. No 2018 realizou un estadía de investigación no Instituto de Historia Contemporánea da Universidade Nova de Lisboa e recentemente traballou como investigador contratado polo grupo HISTAGRA no Laboratorio Ecosocial do Barbanza (https://barbanzaecosocial.org/).

 

Máis información:

 

https://www.usc.gal/gl/centro/escola-doutoramento-internacional-usc/defensa-teses