HISTAGRA consegue o Primeiro premio de investigación da XVII EDICIÓN DOS PREMIOS Á INTRODUCIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA DOCENCIA E NA INVESTIGACIÓN
HISTAGRA consegue o Primeiro premio de investigación da XVII EDICIÓN DOS PREMIOS Á INTRODUCIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA DOCENCIA E NA INVESTIGACIÓN
As investigadoras de HISTAGRA Uxía Otero González e Daniela Ferrández Pérez veñen de conseguir o primeiro premio na modalidade de investigación na XVII EDICIÓN DOS PREMIOS Á INTRODUCIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA DOCENCIA E NA INVESTIGACIÓN da USC.
O título do proxecto premiado é: Disidencias sartoriais sexo-xenéricas na Galicia da primeira metade do século XX: unha investigación colaborativa desde a perspectiva de xénero
Os premios convócanse co obxetivo de fomentar a perspectiva de xénero como criterio de calidade e innovación docente e investigadora. están convocados pola Universidade de Santiago de Compostela a través da súa área de igualdade, cofinanciados polo Concello de Santiago de Compostela e os destinatario son o Persoal Docente e Investigador (PDI) da USC.