Investigagora de HISTAGRA-CISPAC logra o premio da Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo

Jessica Nogueira, investigagora de HISTAGRA-CISPAC logra o premio da Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo

 

 

A investigadora de HISTAGRA-CISPAC Jessica Nogueira ven de ser galardoada co premio de investigación convocado pola Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo en colaboración con Alvarellos Editora.

 

O traballo trata sobre a movilización social contra a primeira reconversión industrial do goberno socialista entre 1983 e 1985 facendo fincapé en Vigo e Ferrol.

 

O Premio Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo é un galardón de ensaio, dotado con 10.000 € e convocado pola Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo en colaboración con Alvarellos Editora. Premia obras orixinais en galego sobre sindicalismo, investigación laboral, económica ou social de interese para Galicia. As principais temáticas son: Desenvolvemento, afondamento e divulgación do sindicalismo ou temas laborais/sociais.

 

Jessica Nogueira Castro (Maside, 1995) é graduada en Historia (USC, 2017) e Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea (USC, 2018). Na actualidade cursa o Doutoramento en Historia Contemporánea no Departamento de Historia da USC. Durante o curso 2017/18 gozou dunha bolsa de colaboración do MECD que desenvolveu no fondo de Nomes e Voces. Foi Premio Extraordinario do Grao de Historia pola USC.

As súas liñas de investigación xiran en torno á mobilización social, á acción colectiva e ás dinámicas de conflito e represión desde finais do franquismo ata a década dos noventa.

 

A Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo é unha entidade clasificada de interese laboral e galego, constituída no Porriño o 15 de decembro de 1995. Con domicilio en Vigo (Gregorio Espino, 47), foi recoñecida formalmente pola Xunta de Galicia en 1996 para a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego