Sesión II Conversacións transatlánticas sobre memoria e historia Diálogos entre España e Arxentina

Sesión II. Conversacións transatlánticas sobre memoria e historia Diálogos entre España e Arxentina, con Emilio Crenzel

 

O próximo dia 7 de maio ás 19:00 (hora española), terá lugar a celebración da segunda sesión das  Conversacións transatlánticas sobre memoria e historia. Diálogos entre España e Arxentina, que organiza o Grupo HISTAGRA en colaboración co Grupo de Estudios sobre historia reciente y memoria social, do Instituto Gino Germani (UBA) e o proxecto de investigación Violencia, delincuencia y conflictividad en tiempos de paz y de guerra en el mundo rural (PID2023-152532NB-I00).

 

Nesta ocasión, o profesor Emilio Crenzel falará sobre o seu último traballo de investigación, Pensar los 30.000. Qué sabíamos sobre los desaparecidos durante la dictadura y qué ignoramos todavía.

 

Sobre a publicación:

 

Os setenta seguen sendo un terreo minado na Arxentina. Nada deixa isto tan en evidencia como a discusión sobre as responsabilidades polo ciclo de violencia política e sobre o número de desaparecidos, un tema que volve unha e outra vez e divide, dun lado, a quen sostén posicións abertamente negacionistas e, do outro, a quen enarbora o símbolo dos 30.000. Como saír do labirinto por arriba, sen alimentar tabús que adoitan retornar do peor xeito, se non é a partir dun traballo serio, sostido en datos? 

 

Cun interrogante central como guía que sabía a sociedade sobre a represión clandestina nos anos posteriores ao golpe de estado, e baseándose na revisión de arquivos, testemuños e documentos, Emilio Crenzel reconstrúe como os familiares de desaparecidos, os organismos de dereitos humanos, os exiliados e as organizacións armadas elaboraron, de xeito paulatino, un saber sobre o sistema de desaparición. E analiza as miradas, moitas veces en tensión entre si, sobre os responsables, o paradoiro das vítimas, as estratexias para contabilizalas e o seu destino final. Así, mostra que mesmo no universo dos denunciantes había interpretacións diverxentes, en parte porque a magnitude do horror dificultaba asumir o que estaba a pasar.

 

Cun enfoque rigoroso e á vez con gran sensibilidade, este libro imprescindible aposta a dicirnos que pensar os 30.000 implica volver contalos en máis dun sentido: para explicar de onde sae a cifra pero, sobre todo, para afrontar con fundamentos certeiros as preguntas máis incómodas. E para recoñecer o que aínda ignoramos sobre os propios desaparecidos, os sobrevivientes e os perpetradores.
 

Datos: 

 

Data: 07/05/2026

Título:Pensar los 30.000. Qué sabíamos sobre los desaparecidos durante la dictadura y qué ignoramos todavía

Relator: Emilio Crenzel

Hora: 19:00 h      

Lugar: Facultade de Xeografía e Historia. Aula de Mestrado de Historia Contemporánea

Documentos