HISTAGRA nos encontros Americanos na Granell: Mulleres Bravas
Mulleres Bravas: defendendo o común en Galicia e Honduras: María Esther Velásquez, Maygra Isabel Guevara e Mónica Cea
O próximo xoves 5 de marzo ás 19:00 h. terá lugar na Fundación Granell (Praza do Toural, s/n) a mesa redonda Mulleres Bravas: defendendo o común en Galicia e Honduras: María Esther Velásquez, Maygra Isabel Guevara e Mónica Cea, organizada no marco dos Encontros Americanos da Granell que desenvolve o Grupo de Investigación HISTAMERICA e nesta ocasión coa colaboración de HISTAGRA.
O acto, presentado polos profesores Eduardo Rey (HISTAMERICA) e Stefania Barca (HISTAGRA), contará coa presenza de María Esther Velásquez e Maygra Isabel Guevara Cruz (Namasigüe, Honduras), e Mónica Cea desde a Ulloa (Galicia).
Mulleres Bravas é un proxecto conxunto de Amigas da Terra e Enxeñería sen Fronteiras como punto de encontro entre activistas de Honduras e Galicia. O proxecto aposta por tecer redes de solidariedade, recoñecendo o papel das mulleres como defensoras do territorio. Nas conversas fálase de modelo produtivo, de sostíbilidade e de igualdade, entendendo que a defensa ambiental é tamén unha cuestión de xustiza social. As experiencias do Sur Global e do rural galego dialogan. Mulleres Bravas non é só un proxecto: é un tecido vivo de voces, afectos e aprendizaxes compartidas.
Os Encontros Americanos na Granell teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América a través dun programa de conferencias mensuais que abordan temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter divulgativo..
Máis información:
https://mulleresbravas.gal/es/inicio-es/
Datos:
Data: 5 de marzo de 2026
Hora: 19:00
Lugar: Fundación Granell. Ciclo Encontros Americanos na Granell
Participantes: María Esther Velásquez e Maygra Isabel Guevara Cruz (Namasigüe, Honduras), e Mónica Cea desde a Ulloa (Galicia).
Presentan: Eduardo Rey (HISTAMERICA) e Stefania Barca (HISTAGRA)