Traballos liderados por HISTAGRA destacados en 2025 no ámbito da arqueoloxía

Traballos liderados por HISTAGRA destacados en 2025 no ámbito da arqueoloxía

 

Desde o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las elabórase todos os anos o ranking dos traballos arqueolóxicos que considera os diez descubrimentos top de 2025. Neste listado atópanse os traballos de exhumación da fosa da violencia franquista de Luou, proxecto que se encadra no Plan de Memoria Democrática de Galicia 2025 e que lidera HISTAGRA

 

A fosa, que foi exhumada en novembro de 2025 albergaba, presuntamente, os restos de Manuel Agrasar "Barbarroxa", Florentino Menéndez "Tino", Vicente López "Rufino" e Ricardo Fernández Carles, membros da resistencia antifranquista e que foron asasinados en 1948.

 

No ano 2024, a equipa coordinadora das actuacións do Plan de Memoria Democrática recibiu a solicitude formal da Asociación Oliveira de Teo para intervir unha fosa vinculada á resistencia antifranquista que se atopa no adro da igrexa parroquial de Luou. Esta entidade leva traballando, cando menos desde o ano 2009, na recuperación da memoria histórica e na defensa do patrimonio inmaterial do concello. A fosa coñécese na zona como a dos Foucellas, denominación popular que remite á figura de Benigno Andrade García (“O Foucellas”) e á súa agrupación, e mesmo ao conxunto de guerrilleiros de Galicia

 

Tanto a veciñanza como a literatura lembraba que a inhumación se producira a finais de maio de 1948, cando catro guerrilleiros foron asasinados durante —e mesmo hai quen apunta que despois— un enfrontamento coa Garda Civil na aldea de Loureiro, na mesma parroquia. Estes guerrilleiros formaban parte da agrupación dirixida por Benigno Andrade García, quen conseguiu escapar do altercado xunto con José Ramuiñán Barreiro, coñecido como “Ricardito”. Os seus compañeiros non tiveron a mesma fortuna. As vítimas falecidas serían Ricardo Fernández Carlés, natural de Pontecesures; Manuel Agrasar Cajaraville, da Matanza (Padrón); Vicente López Novo, de Santa Uxía de Ribeira máis unha cuarta vítima. Sobre esta última, tanto as referencias bibliográficas como os documentos institucionais do franquismo ofrecían diversas denominacións —Constantino, Florentino, ou Tino, ademais de O Asturiano e cos apelidos Menéndez Palacio ou con orde inversa—, polo que a súa identidade quedaba pouco definida antes da investigación actual.

 

Nos traballos participaron os membros do PMD de Galicia, equipo que dirixe o catedrático de Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto, e coordina do profesor de historia da mesma universidade, Antonio Miguez Macho. Xunto a eles, están o arqueólogo José Carlos Sánchez Pardo da USC, o antropólogo forense do IMELGA Fernánde Serrulla Rech e o equipo do Instituto Luis Concheiro da USC liderado pola Catedrática de Medeicina Legal e Forense Maria Victoria Lareu Hidobro. Xunto a este equipo, destaca o traballo de Lucia Santiago Sanmiguel nas pescudas históricas e tempos arqueólogos nas tarefas de escavación. 

 

Máis información:

 

https://www.nomesevoces.net/gl/lugares/cartografia/fosas/90/fosa-do-cemiterio-de-santa-maria-de-luou