Ciclo Pasados Incómodos de HISTAGRA: Jalane Schmidt

Conferencia de Jalane Schmidt: Memoria histórica, espazo público, e guerra civil: unha perspectiva desde os Estados Unidos

 

O próximo luns día 17 de novembro terá lugar, na facultade de xeografía e historia a conferencia da profesora da Universidade de Virginia (USA), Jalane Schmidt que leva por título: Memoria histórica, espazo público, e guerra civil: unha perspectiva desde os Estados Unidos.

 

Jalane Schmidt é directora do Memory Project da Iniciativa para a Democracia da Universidade de Virginia (UVA) e profesora asociada de Estudos Relixiosos. Imparte cursos sobre raza, relixión e movementos de cambio social, e é autora de Cachita’s Streets: The Virgin of Charity, Race & Revolution in Cuba, un estudo sobre a identidade nacional cubana, a relixión e os acontecementos públicos. Schmidt, académica e activista en Charlottesville (Virginia), planifica e dirixe eventos de historia pública centrados na memoria da Guerra Civil, Jim Crow e a historia afroamericana local. Foi cofundadora da campaña Monumental Justice Virginia 2019-2020, que presionou con éxito á Asemblea Xeral de Virginia para que derrogase unha lei estatal centenaria que prohibía ás localidades retirar as estatuas confederadas.

 

Con ocasión da retirada da estatua de Robert E. Lee en 2021, a alcaldesa de Charlottesville Nikuyah Walker manufestou: A retirada é un pequeno paso para achegarnos ao obxectivo de axudar a Charlottesville, Virginia e Estados Unidos a encarar o seu pecado de estar dispostos a destruír aos afroamericanos para lograr beneficios económicos", mentras a estatua era trasladada a un recinto municipal.

 

Máis información:

 

Data: 17/11/2025

Título:“Memoria histórica, espazo público, e guerra civil: unha perspectiva desde os Estados Unidos”

Relatora: JALANE SCHMIDT (UNIVERSITY OF VIRGINIA)

Hora: 16 h             

Lugar: Aula 14. Facultade de Historia

Documentos