Seminario de HISTAGRA: Judit Gil Farrero
 
            Seminario HISTAGRA: Unha historia ambiental dos conflitos pola construción de encoros en España e Italia (s. XX-XXI). Presentación do proxecto Marie Curie DAMSECIS
O martes dia 4 de novemebro ás 15 horas (aula 6, Facultade de Historia, USC), terá lugar a conferencia da investigadora postdoutoral Marie Curie na Università degli Studi dei Bergamo (Italia), Judit Gil Farrero que leva por título "Unha historia ambiental dos conflitos pola construción de encoros en España e Italia (s. XX-XXI). Presentación do proxecto Marie Curie DAMSECIS".
As narrativas hexemónicas sobre os encoros tenden a ser positivas e hai poucas análises deles como conflitos e “zonas de sacrificio” desde as perspectivas da historia ambiental e a xustiza ambiental que consideren o seu impacto nas comunidades locais ao longo do tempo. Tamén hai unha falta de estudos sobre a construción de presas nun país no seu conxunto e de comparacións entre países para obter unha visión xeral internacional. Nesta conferencia presentarase o proxecto DAMSECIS, que pretende encher estas lagoas historiográficas, identificando os elementos que converteron presas e encoros en conflitos ambientais, analizando o seu impacto nas comunidades locais desde a súa planificación ou construción en diante, e construíndo unha visión xeral da construción de presas en España e Italia desde 1900 ata a actualidade, adoptando unha perspectiva comparativa e internacional e revelando o que as narrativas hexemónicas han ocultado e silenciado. A reconstrución dunha historia comparada da construción de presas pode permitir unha mellor comprensión dos actuais fenómenos de resistencia aos proxectos de enerxía renovable e unha mediación territorial nestes conflitos.
Datos:
Data: 04/11/2025
Título: Unha historia ambiental dos conflitos pola construción de encoros en España e Italia (s. XX-XXI). Presentación do proxecto Marie Curie DAMSECIS
Relatora: Judit Gil Farrero (Università degli Studi dei Bergamo)
Hora: 15 h
Lugar: Aula 6. Facultade de Historia
Máis información:
histagra@usc.es
Tel. 881971010 (ext. 100)