Investigador de HISTAGRA-CISPAC-USC, galardoado co XVII Premio de Historia Agraria Ramón Garrabou

Investigador de HISTAGRA-CISPAC-USC, galardoado co XVII Premio de Historia Agraria Ramón Garrabou
BRUNO ESPERANTE PARAMOS, foi galardoado co XVII Premio de Historia Agraria Ramón Garrabou polo artigo “La motorización de una agricultura atlántica y ganadera de pequeños propietarios: la difusión de tractores agrícolas en Galicia, 1939-2000”, publicado no nº 90 da revista Historia Agraria.
O xurado valorou:
A sólida estrutura do artigo e o amplo coñecemento demostrado polo autor, tanto do marco teórico como da bibliografía referente ao tema traballado, a orixinalidade da formulación e dos obxectivos xunto coa solidez da argumentación en todo o discurso e o interese que presenta o tema abordado, o proceso de mecanización no marco do minifundio, cun estudo de caso que abre novas liñas de investigación para estudos similares noutros territorios. Así mesmo, o estudo das vías de difusión e a cronoloxía da mecanización abórdanse desde unha visión ampla do proceso de modernización da agricultura galega, coa difusión de tractores, o aumento do gando especializado na produción de leite, o incremento do consumo de fertilizantes etc.
O xurado tamén destaca que o traballo vai máis aló da pura innovación técnica e expón a difusión dos tractores como parte dun cambio cultural na agricultura campesiña que cronoloxicamente a sitúa no marco da expansión económica dos anos sesenta, "Consideramos, por todo iso, que se trata dun traballo de investigación que fai honor ao ensino de Ramón Garrabou".
Máis información:
https://seha.info/es/PREMIOS/RAMON-GARRABOU/