Ramón Villares, Medalla do parlamento de Galicia 2025

O Parlamento de Galicia recoñece a Ramón Villares, investigador de HISTAGRA, coa Medalla de 2025

 

Ramón Villares, membro fundador de HISTAGRA ven de ser recoñecido coa medalla do parlamento de Galicia 2025, xunto á Real Academia Galega de Belas Artes e Afundación.

 

A Mesa do Parlamento de Galicia acordou conceder a Medalla do Parlamento de Galicia 2025 á Real Academia Galega de Belas Artes, a Afundación-Obra Social Abanca e ao historiador Ramón Villares (investigador de HISTAGRA), en recoñecemento á súa «contribución á conservación e divulgación do patrimonio artístico e cultural» da Cámara galega. 

 

A Medalla do Parlamento de Galicia entregarase este ano o 5 de abril, coincidindo co aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía.

 

Máis información:

 

https://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/4276/a-medalla-do-parlamento-de-galicia-2025-distingue-a-real-academia-galega-de-belas-artes-afundacion-e-ao-catedratico-ramon-villares/