Toma de posesión do novo decano da Facultade de Historia da USC: Antonio Miguez Macho (HISTAGRA-USC)

Novo decano da Facultade de Historia da USC: Antonio Miguez Macho (HISTAGRA-USC)
O profesor Antonio Míguez Macho tomará posesión hoxe martes 18 de febreiro do seu cargo como decano da Facultade de Xeografía e Historia. A cerimonia presidiraa o reitor Antonio López ás 13:00 horas no Paraninfo da Universidade.
Antonio Míguez Macho (Santiago de Compostela, 1979) é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e foi investigador postdoutoral en The London School of Economics and Political Science, ademais de contratado Marie Curie e Ramón y Cajal na USC. Na actualidade, é profesor titular de Historia Contemporánea. Forma parte do Grupo de Investigación HISTAGRA e tamén do CISPAC.
Máis información:
https://histagra.usc.es/gl/persoas/2/antonio-miguez-macho