HISTAGRA colabora na resignificación da antiga Prisión Habilitada e Prisión Central de santa Isabel en Compostela
HISTAGRA colabora na resignificación da antiga Prisión Habilitada e Prisión Central de santa Isabel en Compostela
O Grupo HISTAGRA forma parte e impulsou a iniciativa de resignificación da antigra prisión de Santa Isabel, en Santiago de Compostela.
O próximo martes día 3 de decembro as 17:00 terá lugar a inauguración dun fito no solar que ocupou a prisión Central de Santa Isabel, na zona do antigo cuartel en Galeras.
Lembremos que entre 1939 e 1946 funcionou como Prisión Habilitada e Prisión Central, por onde pasaron miles de presos da Ditadura franquista de diferentes procedencias. Fora construído no século XVIII e na actualidade é un complexo deportivo.
O uso como prisión comezou a fins de 1939 e prolongouse até 1946. Nese periodo de tempo foi, xunto á de Celanova, a maior de Galicia: en 1943 había 1.595 presos políticos e no ano do seu peche quedaban 907.
Histagra participou no proceso que levou a resignificar este espazo como Lugar de Memoria Democrática, asi como no deseño do panel que se vai colocar, en conxunto coa Plataforma de Galeras, principal impulsora do acto. O investigador de HISTAGRA-CISPAC, Antonio Miguez, participará represnetando ao proxecto no acto.
Desenvolvemento do acto:
ACTO DE DESCUBRIMENTO DA PLACA EN MEMORIA DAS MILES DE PERSOAS PRESAS,VÍTIMAS DA VIOLENCIA FRANQUISTA, QUE PASARON POLO CÁRCERE-CUARTEL DE SANTA ISABEL HABILITADO COMO PRISIÓN ENTRE 1939 E 1946.
Orde de intervencións:
• Míriam Louzao Fernández, Concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica.
• Antonio Miguez, Profesor investigador de HISTAGRA-CISPAC e actual decano da Facultade de Xeografía e Historia
• José Manuel González Iglesias, presidente da AVV Plataforma de Galeras
• Goretti Sanmartín Rei, alcaldesa de Santiago
Máis información:
plataformadegaleras@gmail.com