Defensa de Tese doutoral de investigadora de HISTAGRA: Natalia Jorge

Defensa de Tese doutoral de investigadora de HISTAGRA: Natalia Jorge

 

O próximo venres día 11 de outubro ás 16:00, terá lugar a defensa da tese doutoral da investigadora de HISTAGRA Natalia Jorge Pereira. Será na Sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia da USC A tese está dirixida polo membro de HISTAGRA, Miguel Cabo Villaverde e a profesora Paula Godinho da Universidade Nova de Lisboa

 

Datos

 

Título:  Actitudes e comportamentos sociais nos concellos fronteirizos de Tomiño e Cerveira ante as ditaduras de Franco e Salazar na década de 1940.

Autoría: Natalia Jorge Pereira
Dirección: Antunes Godinho, Paula Cristina e Cabo Villaverde, Miguel
Programa: Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea
Centro: Facultade de Xeografía e Historia (USC)
Data: 11/10/2024
Hora: 16:00
Lugar: Sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia (USC)