Conferencia-Seminario de Enric Tello en HISTAGRA

Conferencia-Seminario de Enric Tello en HISTAGRA

 

 

O próximo luns día 30 de setembro, o catedrático da Universitat de Barcelona, Enric Tello, ofrecerá unha conferencia-Seminario para os alumnos de mestrado que leva por título: Metodoloxía da investigación en historia social e económica.


Esta conferencia enmárcase nas actividades que leva a cabo o Grupo HISTAGRA para o curso 2024-2025 e realízase ao amparo do proxecto de investigación As dúas vías de cambio e desenvolvemento agrario do século XX. Pluralismo de saberes nun marco orgánico e tecnocracia da revolución verde. A Agricultura atlántica, 1880-2000 (ECOPASADOFUTURO), financiado polo Ministerio de Cultura e Innovación e a Axencia Estatal de Innovación (MCIN-AEI/10.13039/501100011033) e polo Fondo Social Europeo+. PID2020-112686GB-I00, do que é Investigador Principal, Lourenzo Fernández Prieto.

 

 

Enric Tello é doutor en Xeografía e Historia pola UB e catedrático de Historia e Institucións Económicas da mesma universidade. Membro de Ecologistes en Acció de Cataluña, os seus campos de investigación son a historia económica, o desenvolvemento sostible, o metabolismo social e os cambios de uso do chan, así como os aspectos metodolóxicos da historia económica e ambiental

Documentos