Histagra organiza o Simposio internacional: Historia e innovación para a agroecoloxía 2024

Historia e innovación para a agroecoloxía 2024. Simposio internacional.

 

O venres 27 de setembro de 2024 terá lugar un simposio para debater na perspectiva histórica a innovación e o cambio tecnolóxico para a agroecoloxía. O obxectivo é reflexionar sobre a proposta dunha transición ecolóxica dende o coñecemento histórico. Para isto reunimos a un grupo de persoas que traballan nestes temas por toda Europa desde distintos enfoques.

 

As teorías da innovación e do cambio tecnolóxico na agricultura foron construídas co obxectivo de aumentar a intensificación produtiva e co horizonte da industrialización, especialmente na Europa posterior á Segunda Guerra Mundial. Actualmente, a intensificación e a obsesión pola produtividade continúan a orientar a produción agrícola e pecuaria en toda Europa, mentres se discuten novas vías de innovación e mudanza tecnolóxica, con base en criterios como a redución da polución, a economía circular ou a utilización de fontes de enerxía renovábeis. Con todo, estas tentativas adoitan abordarse desde un punto de vista tecno-científico cunha base sociohistórica débil ou inexistente. Por iso  queremos recuperar o coñecemento e o saber facer labregos, as suposicións teóricas, as experiencias científicas, os ecosistemas de diálogo entre científicos e agricultores, os modelos de innovación e as prácticas agroecolóxicas e resilientes concretas que preceden á hexemonía da modernización.

 

O grupo de investigación HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural) leva vinte anos estudando as mudanzas e a traxectoria do mundo rural galego. Unha das súas principais liñas de investigación é o cambio tecnolóxico e a innovación na agricultura galega, continuando unha tradición comezada cos estudos de Ramón Villares e outros nos anos 80. Con esta bagaxe e no marco do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) organizamos esta xornada de debate arredor dos novos enfoques históricos e teóricos sobre a innovación e o cambio tecnolóxico para a necesaria transición ambiental á que nos enfrontamos, coa agroecoloxía como instrumento para a súa realización.

 

Programa

09:00-09:30  Benvida e presentación

  • Lourenzo Fernández-Prieto, Histagra-CISPAC, Universidade de Santiago de Compostela

 

09:30-11:00 – Panel 1

  • La agricultura y ganadería familiar en el centro de la construcción de Sistemas Agroalimentarios Locales de base Agroecológica. ¿Cómo hacer?

Gloria I. Guzmán-Casado, Alimentta, Universidad Pablo de Olavide

                Comenta: David Soto-Fernández, Histagra-CISPAC, Universidade de Santiago de Compostela

 

  • Exploring farm life histories and their role in agro-ecological (re)transitions

Mark Riley, University of Liverpool

                Comenta: Stefania Barca, Histagra-CISPAC, Universidade de Santiago de Compostela

 

11:00-11:30 – Café

 

11:30-13:00 – Panel 2

  • The use of Google Books as a source of historical traditional ecological/agricultural knowledge

Rob Burton, Ruralis – Institute for Rural and Regional Research

                Comenta: Miguel Cabo Villaverde, Histagra-CISPAC, Universidade de Santiago de Compostela

 

  • Innovating towards an unknown sustainability: new back-casting and scenario planning models used in participatory action research to help advance agroecology transitions

Enric Tello Aragay. Universitat de Barcelona

                                Comenta: Xulia Guntín Araujo, ECOAGRASOC, Universidade de Santiago de Compostela

 

13:00-13:30 – Conclusión e peche

  • Bruno Esperante Paramos, Histagra-CISPAC, Universidade de Santiago de Compostela

 

  • Roque Sanfiz Arias, Histagra-CISPAC, Universidade de Santiago de Compostela

 

O evento terá lugar no CISPAC, situado no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia. Para asistir é preciso anotarse previamente mediante un correo electrónico a histagra@usc.es

 

 

A actividade é parte do proxecto de investigación As dúas vías de cambio e desenvolvemento agrario do século XX. Pluralismo de saberes nun marco orgánico e tecnocracia da revolución verde. A Agricultura atlántica, 1880-2000 (ECOPASADOFUTURO) PID2020-112686GB-I00, financiado polo Ministerio de Cultura e Innovación e a Axencia Estatal de Innovación (MCIN-AEI/10.13039/501100011033) e polo Fondo Social Europeo+.

 

 

Documentos