Novo Seminario de HISTAGRA 2024

HISTAGRA organiza un novo seminario de investigación

 

A investigadora da universidade de Vigo, Poonam Pandey ofrecerá o vindeiro mércores día 24 de abril un Seminario de investigación no CISPAC. Organizado polo Grupo HISTAGRA a través da membro Stefania Barca, a profesora Pandey conferenciará sobre "Merece a pena repetir algunhas historias? Apolítica e a práctica de levar a Revolución Verde ao este da India".

 

Poonam Pandey é Investigadora María Zambrano da Universidade de Vigo. Investigadora principal no Laboratorio de Innovación postcrecimento da Universidade de Vigo.

 

Sobre a conferencia:

A épica narrativa da Revolución Verde a miúdo preséntase como un momento virtuoso na historia da ciencia occidental moderna que salvou a moitos países do Sur da fame e a inanición para mediados do século XX. Esta narrativa, a pesar de ser obxecto dun amplo abanico de críticas mordaces, segue encantando aos responsables políticos e influíndo no deseño das políticas. O apoio internacional á Alianza para a Revolución Verde en África (AGRA) é un exemplo diso. Do mesmo xeito, en 2010, o Goberno indio puxo en marcha o seu ambicioso programa "Levar a Segunda Revolución Verde á India Oriental (BGREI)", centrado na modernización agrícola dos estados orientais. Neste relatorio Pandey empregará un marco teórico baseado na literatura sobre réximes alimentarios para desentrañar a cuestión da relevancia política e o atractivo político da narrativa épica da Revolución Verde no contexto indio contemporáneo.

 

Datos:

 

Data: 24/04/2024

Título: Merece a pena repetir algunhas historias? A política e a práctica de levar a Revolución Verde ao este da India

Relator: Poonam Pandey (UdV)

Hora: 12:30 h       

Lugar: Seminario 103. CISPAC

 

Pódese seguir por teams:

https://teams.microsoft.com/l/team/19%3a56690ec7d7fc46979b4554097b17fd41%40thread.tacv2/conversations?groupId=88e447bc-d5f8-46c3-bfb1-bf6fa105deee&tenantId=8f0d452c-b7a4-4964-b810-8c397374477b

Documentos