HISTAGRA consegue dúas bolsas de investigación do Campus Terra

HISTAGRA consegue dúas bolsas de investigación do Campus Terra

 

 

A estudante do Máster de Servizos Culturais (Facultade de Humanidades),  Nerea Calvo Beceiro, graduada en Historia, foi galardonada cunha das bolsas do Campus terra para que realice as súas prácticas en HISTAGRA. Ao tempo, o estudante do  Máster de Dirección de Actividades na Natureza, David Cuesta Fernández, graduado en Formación do Profesorado tamén foi recoñecido cunha segunda bolsa Campus Terra. Ambos alumnos están a realizar a súa formación baixo a dirección da investigadora de HISTAGRA Ana Cabana Iglesia. 

 

Nerea Calvo vai estudar o que supuxo para as mulleres de San Sadurniño a apertura dunha fábrica nos anos oitenta que contratou só man de obra feminina e vai aplicar historia oral e metodoloxía dos usos do tempo ver se e/ou como cambiou a súa dedicación a tarefas relacionadas coa producción ou a reproducción nunha casa labrega cando se converteron en obreiras. David Cuesta vai caracterizar a agricultura e gandería do val do Pas e tratar de seguir o rastro dos que viñeron de alí á colonización da Terra Cha.

 

Segundo a bolsa do Campus Terra constarán, como investigadores en formación de Histagra. Ambos os dous deben seguir cursando o que lles queda da cuadrimestre nos seus respectivos master, por suposto, ao tempo que se inician na investigación. O tempo da bolsa é marzo-xullo de 2024.