Conferencia Ciclo Pasados incómodos: Ramon Arnabat

Nova conferencia do Ciclo Pasados Incómodos de HISTAGRA. Ramón Arnabat: "Guerra Total e Guerra Aérea"

 

O próximo mércores día 13 de marzo ás 19 horas terá lugar unha nova conferencia enmarcada no ciclo Pasados incómodos de HISTAGRA. Nesta ocasión visitaranos o profesor da Universitat Rovira i Virgili, Ramón Arnabat, que ofrecerá a conferencia que leva por título: "Guerra Total e Guerra Aérea: os bombardeos sobre Barcelona durante a Guerra Civil española (1936-1939)".

 

Será as 19 h. na aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia (USC)

 

Ramón Arnabat é profesor de historia contemporánea no departamento de histotia e historia da arte da universitat Rovira i Virgili. As súas liñas de investigación son os movementos sociais na Cataluña contemporáneam a crise o Antigo Réxime en Cataluña (s. XVIII-XIX),   Cataluña e España no s. XIX, a revolución e contrarevolución no s. XIX en Europam, a Segunda República e a Guerra Civil Española, o primeiro Franquismo (1939-1959) e a loita pola democracia (1969-1979).

 

Datos:

 

Data: 13/03/2024
Título: Guerra Total e Guerra Aérea: os bombardeos sobre Barcelona durante a Guerra Civil española (1936-1939)
Relator: Ramón Arnabat  (UdV)
Hora: 19:00 h
Lugar: Aula 10. Facultade de Xeografía e Historia


 

Documentos