HISTAGRA asina un acordo coa UNIVERSIDADE ESTADUAL DO SUDOESTE DA BAHIA

HISTAGRA asina un acordo coa UNIVERSIDADE ESTADUAL DO SUDOESTE DA BAHIA

 

 

A Universidade de Santiago de Compostela ven de asinar un acordo específico de intercambio académico , a través do GRUPO HISTAGRA  coa  Universidade Estadual do Sudoeste da Bahia (UESB, Brasil) a través do programa de pos graduado en memoria, lingua e Sociedade -PPGMLS.

 

Ambas as universidades manteñen relacións de colaboración desde 2006, data na que asinaron un Convenio de cooperación académica no ámbito do cal estableceron, en 2010 un Convenio Específico para regular o intercambio de estudantes de posgrao e persoal académico, entre o Centro lnterdisciplinar de lnvestigacións Feministas e Estudos de Xénero -CIFEX-, dependente da USC, e o Museu Pedagóxico e o Programa de Posgrao en Memoria: Linguagem e Sociedade, dependente da UESB. 

 

O obxecto do presente Convenio é regular o intercambio académico, de estudantes de posgrao e de persoal docente e investigador, relacionado co persoal do GRUPO DE INVESTIGACIÓN DE HISTORIA AGRARIA E POLITICA DO MUNDO RURAL USC-HISTAGRA co Programa de Posgrao en Memoria: Linguaxe e Sociedade da UESB-PPGMLS A

 

A UESB seleccionará e nomeará a un máximo de 5 estudantes por curso académico e a USC, a través do HISTAGRA, entregará a cada estudante aceptado unha carta indicando a súa admisión á universidade.