Cultura do honor, Política e Esfera pública na España liberal (1833-1890)

Duración: 2019-2022 Participación en Proxectos de Investigación externos

Cultura do honor, Política e Esfera pública na España liberal (1833-1890)

 

IP: Raquel SÁNCHEZ GARCÍA (UCM)

 

Resumo:

 

As pretensións do proxecto: a) Analizar o concepto da honra e a relación establecida entre este código de valores e a figura do monarca, dentro da dinámica nacionalizadora da monarquía. b) Definir os caracteres do código militar da honra e do sentido que o exército outorgaba á virilidade na identidade nacional, así como as súas converxencias e diverxencias co concepto. c) Investigar de que forma a aparición dun novo réxime mediático e editorial, coa aparición de innumerables cabeceiras xornalísticas e a multiplicación da edición de libros e folletos, repercutiu na proxección do código da honra, e facer o estudo extensible ás actividades profesionais propias das elites. d) Indagar as prácticas do código de honra masculina como evidencias das conviccións e pautas adquiridas no proceso de socialización dos homes. e) Analizar as representacións da honra nas manifestacións culturais.