Quen somos

HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX) é un grupo de investigación cualificado polo Sistema Universitario de Galicia de Referencia Competitiva desde o ano 2006, condición que renovou en 2010, 2013 e 2017. Na actualidade, está composto por un total de 48 investigadores/as, dos que 27 son doutores/as, 20 investigadores/as en formación e 1 Persoal de Apoio. O Grupo conta con 6 bolsas predoutorais (do programa estatal FPI e FPU) e 4 contratados posdoutorais (programa da Xunta de Galicia). Coordina a Rede de Agroecoloxía e Historia, REVOLTA.