La diputación provincial de Lugo en la época isabelina

Theses
Autor: Antonio Prado Gómez
Director: Ramón Villares Paz
Ano: 2000   
 
RESUMO
 
«Este traballo pretende o achegamento a unhas fontes de información histórica ata o momento pouco utilizadas. Refírome á documentación conservada polas institucións encargadas da administración local, como as Deputacións, Consellos provinciais e Concellos. A través de tal información intentábase incremental o coñecemento sobre a evolución dos distritos da súa dependencia, na consideración de que os últimos dous séculos de historia do Estado liberal aparecen determinados polo funcionamento e iniciativas dos instrumentos de goberno por el creados. (...) Es verdade que o Estado liberal, que se consolida en España durante o período isabelino e que marca a cronoloxía deste traballo, é un estado centralista, pero tamén o é que cada distrito administrativo mantén unha evolución que lle é propia e parcialmente orixinal. Así, por exemplo, a provincia de Lugo vive os procesos revolucionarios de 1840, 1843 ou 1854 en estreita relación cos acontecementos que inciden no resto de Galicia e do Estado que tamén presenta iniciativas particulares que lle afectan, especialmente como se concreta no proceso revolucionario de 1846. (…)
Na formulación dos temas tratados neste estudo hai que recoñecer tamén certo desequilibrio. Preferín insistir nos aspectos ata agora menos tratados pola bibliografía especializada, como os militares, benéficos ou educativos, sen esquecer os puramente administrativos que supoñían a obrigada referencia da investigación. Menos e insistiu nos de índole económica, sen dúbida, porque a intervención da Deputación lucense neste terreo foi menos transcendente, pero tamén porque a historiografía galega recentes e ocupou deles en profundidade (...)
Dende a perspectiva histórica, parece claro que as deputacións naceron cun sentido e unhas funcións perfectamente xustificables, nun momento en que o Estado liberal intentaba a súa conformación. Identificáronse plenamente co seu marco territorial de referencia -a provincia-, t asumiron con axilidade, as amplas competencias fiscais, militares, de control municipal, de fomento económico e de desenvolvemento social que se lle encomendou. (…)
No momento en que o Estado liberal desenvolva outras capacidades administrativas e, máis aínda, no momento en que se cuestións o seu marco territorial de referencia, seguramente irán perdendo a súa significación inicial, aínda que tamén é probable que sexa posible encontrar para estas institucións responsabilidades complementarias en terreos específicos, como os económicos ou culturais».