Entre a resistencia e a adaptación. A sociedade rural galega no franquismo (1936-1960)

Theses Francoism Rural World
Autora: Ana Cabana Iglesia
Director: Lourenzo Fernández Prieto
Ano: 2006
 
RESUMO
 

«O obxectivo deste traballo é a análise das actitudes e comportamentos da poboación rural galega durante os primeiros vinte anos de vixencia do réxime franquista. O noso interese xira en torno á aprehensión das características da vida cotiá para asentar o coñecemento da relación entre a poboación e o Estado saído do golpe de Estado de 1936.
Dende o punto de vista metodolóxico o noso traballo inscríbese na historia local e a "historia dende abaixo" cun esforzo por realizar unha análise interdisciplinar incardinando enfoques de disciplinas adxacentes á Historia como a Antropoloxía, a Socioloxía e a Psicoloxía Social. O traballo empírico realizouse a partir do uso dunha variada tipoloxía de fontes entre as que destaca a fonte oral, as memorias de vida e a documentación oficial saída tanto dos diferentes niveis da Administración franquista, das entidades sindicais, como do Partido Único. O recurso á prensa tamén estivo moi presente.
A nosa tese repara, a partir da metodoloxía da escola historiográfica da Historia da Vida Cotiá alemá e da teoría antropolóxica de James C. Scott sobre a "resistencia cotiá", na renovación teórica sufrida polo concepto "resistencia". Esta proporciona todo un horizonte teórico que ten presente o recoñecemento da dimensión histórica de conflitos que non alcanzan o grao de "movementos sociais" e que son o centro da nosa análise. Así pois, conflitividade e resistencia serán as disquisicións teóricas básicas do noso traballo, xunto á realización dun estado da cuestión sobre a historiografía europea que ten nelas o seu obxecto de estudo, centrándonos expresamente no período definido polo auxe dos regimenes fascistas,».