Guerra, franquismo, transición e memoria

No período que comeza co golpe de 1936, a guerra e a ditadura, ocupan un lugar fundamental na historia política e social da Galicia contemporánea e moi especialmente da súa sociedade rural. Algunhas das máis notables investigacións neste eido nos últimos anos xorden do grupo HISTAGRA, arredor da represión-violencia de retagarda no período da guerra, dos procesos de consolidación e/ou resistencia do réxime ditatorial e, recentemente, da conflitividade e mobilizacións no Tardofranquismo e a Transición. Así como o estudo de destrución da sociedade e a economía liberais e as políticas agrarias da autarquía. O grupo ten en proceso varias Teses de Doutoramento, monografías e artigos científicos especificamente dedicados á cuestión da conformación institucional do réxime franquista e tamén sobre as actitudes de consenso/consentimento social, así como varios proxectos de investigación competitivos e convenios con institucións públicas. A aportación á renovación das investigacións neste campo temático converten ao grupo nun referente historiográfico, tanto pola novidade das perspectivas que se veñen achegando, como porque a bagaxe do grupo inclúa un extenso fondo documental (oral, escrito e fotográfico e fontes orixinais) en sorporte dixital sobre estes temas.

 

Esta liña está partillada en dous sub campos:

 

- O mundo rural no período franquista: política, economía e cambio social
- Historia e memoria do S. XX. Políticas da memoria