Uxía Otero González

Uxía Otero González

Investigadora Posdoutoral Xunta de Galicia
curriculum

ORCID: 0000-0002-7839-9870

 

Uxía Otero González (Cervo, 1992) é doutora en Historia Contemporánea, coa tese «Domesticando corpos femininos no franquismo (1939–1975): a (re)modelación da feminidade normativa e a súa encarnación sartorial na transición dos cincuenta», que recibiu a cualificación de Sobresaliente Cum Laude e Mención Internacional (USC, 2022). 


Os seus traballos encádranse nas coordenadas espazo-temporais da España franquista, facendo fincapé nas transformacións ao abrigo da rehabilitación internacional da ditadura e a transición a unha sociedade de consumo a partir dos anos cincuenta.


A súa investigación arredor do xénero no franquismo é pioneira porque entronca cos estudos sartoriais ou fashion studies, un campo emerxente arredor do vestir e da moda con gran potencial transdiciplinar e transnacional. Nesta liña está a desenvolver o seu proxecto posdoutoral, que leva por título: «CostuMe(s), vestimentas e memorias sartoriais para unha historia (in)material en feminino da ditadura franquista (1939-1975)».

messages.latest-publications