Wilson Picado Umaña

Wilson Picado Umaña

Doutor, UNA Costa Rica
curriculum

Wilson Picado Umaña (Heredia, Costa Rica) é Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa tese doutoral é un estudo acerca da historicidade e o desenvolvemento comparado da Revolución Verde en América Latina, escrita baixo a dirección do Profesor Lourenzo Fernández Prieto. É Máster en Historia Agraria pola Universidad Nacional, Heredia, Costa Rica. A súa investigación concéntrase no estudo da Revolución Verde en América Latina a longo prazo, así como na comprensión histórica dos procesos de transición socioecolóxica na rexión durante o s. XX. É Profesor da Escuela de Historia y da Maestría en Historia Aplicada, da Universidad Nacional (Costa Rica). Forma parte do consello editorial da Revista de Historia Agraria (España), Letras Verdes (FLACSO, Ecuador), Escripta (México), Perspectivas Rurales (Costa Rica) e Revista La Agroecóloga (Costa Rica). É editor para Centroamérica da Bibliografía Online de Historia Ambiental de América Latina (Brasil).  Na actualidade é Presidente da Sociedad Latinoamericana y Caribeña de Historia Ambiental (SOLCHA, 2018-2020) é e membro da Xunta Directiva do International Consortium of Environmental History Organizations (ICEHO, 2019-2022). É membro da Sociedad de Estudios de Historia Agraria (SEHA, España), de The Conference on Latin American History (CLAH) e de Latin American Studies Association (LASA). Foi profesor e conferencista invitado en universidades de España, Estados Unidos, Colombia e México.

messages.latest-publications