Actualidade

Investigador de HISTAGRA consegue o X Premio de Investigación 2025 HUME

Gael U. Proupín Cantelar, investigador de HISTAGRA acada o X Premio de Investigación HUME, 2025 O X Premio de Investigación HUME 2025, organizado pola Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume das Pontes (A Coruña), recoñeceu os traballos que profundan na historia e sociedade da comarca durante a posguerra e o réxime franquista.   O fallo do xurado outorgou o primeiro premio a Gael Uxío Proupín Cantelar, investigador predoutotal de HISTAGRA-CISPAC polo traballo: O exército negro da autarquía: corrupción, estraperlo e intervencionismo nas Pontes e comarca. Obtivo a máxima puntuación do xurado, que destacou a súa achega innovadora e o seu marcado enfoque social. A investigación evidencia a resiliencia e capacidade de adaptación da poboación produtora, que desenvolve...