A siderurxia e o naval, e loita. A mobilización contra a primeira reconversión industrial do goberno socialista (1983-1985)
Nogueira Castro, J. (2026): A siderurxia e o naval, e loita. A mobilización contra a primeira reconversión industrial do goberno socialista (1983-1985), Santiago de Compostela, Alvarellos Editora
Recollidas de sinaturas, cortes de estradas, barricadas, peches, folgas e enfrontamentos coa policía volvéronse habituais en cidades como Sagunto, Vigo, Ferrol, Bilbao, Xixón ou Puerto Real dende que en febreiro de 1983 se anunciara o peche de Altos Hornos del Mediterráneo. O Goberno socialista de Felipe González impulsaba en toda España unha durísima política de reconversión industrial no marco dunha profunda crise económica. Ás protestas da siderurxia sumaranse axiña as dos traballadores do naval. Había que evitar a «morte» das súas cidades.