Análise, datos e recomendacións para o recoñecemento da diversidade en Galicia. Foro Identidades e Diversidades Sexuais 2022/2023

Ferrández Pérez, D. et alii. (2023): Análise, datos e recomendacións para o recoñecemento da diversidade en Galicia. Foro Identidades e Diversidades Sexuais 2022/2023, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega

Este informe dá forma aos traballos realizados durante meses polo Foro Identidades e Disidencias Sexuais, que foi coordinado por unha comisión técnica temporal do Consello da Cultura Galega (CCG). Ao foro encomendóuselle o labor de cartografar a realidade, a situación e as necesidades das persoas LGBT+ e de identificar as demandas fundamentais do colectivo para poder darlle unha resposta a través da creación de recursos, programas e servizos desde as políticas públicas.