Memoria republicana e transición democrática en Galicia

Villares Paz, R. (2023): “Memoria republicana e transición democrática en Galicia”, en Fernández Prieto, L. et al., A memoria, a historia e a política: A esquecida polémica Cela versus Paz-Andrade sobre a lexitimidade democrática, a memoria republicana e a Autonomía de Galicia en xullo de 1977, A Coruña, RAG, p. 83- 101.

Con todo, no discurso hai unha información que se repite e que pode axu-dar a entender algo: a vampirización que Cela fai do nome e mesmo da figura de Domingo García-Sabell, ao suxerir que este concorda coa súa postura e que mesmo está a falar no seu nome. Este maridaxe cadra mal co protagonismo do senador com-postelán no curso daquela asemblea, dado que logrou colocar o galego no texto de conclusións e que fose alcumado, ao carón do gañador e perdedor, como “temido”, segundo indica o xornal vigués El Pueblo Gallego. Era unha figura ascendente, pero por que sería temido García-Sabell? A hipótese máis probable pode ser que era un candidato firme a encabezar o proceso preautonómico —como suxire, mais non di, Díaz Pardo— e porque Cela parece actuar en favor de García-Sabell botando para a cuneta o nome de Paz-Andrade