A memoria, a historia e a política: A esquecida polémica Cela versus Paz-Andrade sobre a lexitimidade democrática, a memoria republicana e a Autonomía de Galicia en xullo de 1977

Fernández Prieto, L. (2023): "A memoria, a historia e a política: A esquecida polémica Cela versus Paz-Andrade sobre a lexitimidade democrática, a memoria republicana e a Autonomía de Galicia en xullo de 1977", en Fernández Prieto, L. et al., A memoria, a historia e a política: A esquecida polémica Cela versus Paz-Andrade sobre a lexitimidade democrática, a memoria republicana e a Autonomía de Galicia en xullo de 1977, A Coruña, RAG, p. 10-82

O que quero demostrarlles neste discurso, a propósito desa polémica entre aca-démicos de hai 45 anos na que despois hei de me centrar, é que morto o can non aca-bou a rabia. Porque os réximes políticos, incluso os máis autoritarios, distan moito de ser unha soa persoa. Mesmo resulta asombroso ter que demostrar algo tan obvio se non fose pola capacidade de prestidixitación histórica exhibida dende daquela a hoxe polo sistema de poder da ditadura española que existiu e gobernou de 1939 a 1975