Prólogo

Villares Paz, R. (2023): "Prólogo", en Friedrich Meeinecke. A xénese do historicismo, Santiago, USC/ Fundación BBVA, p. 11-82

O Historismus, historicismo en galego, é a grande achega da escola histórica alemá á cultura universal, tanto no plano propiamente historiográfico como no filosófico. O propio autor, Friedrich Meinecke, afirma no limiar deste libro: «O núcleo do historicismo consiste na substitución dunha consideración xeneralizadora das forzas humanas históricas por outra de natureza individualizadora».