Aurora del Porvenir, o lugar da memoria

Jorge Pereira, N. (2023): "Aurora del Porvenir, o lugar da memoria", en O pasado por vir II, Pontevedra, Deputación de Pontevedra, p. 121-156

"O pasado por vir" pretende ser un proxecto plurianual desenvolvido polo Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra baixo a premisa de que a investigación e a divulgación da historia do primeiro terzo do século XX en Galicia ten que servir para construír unha sociedade acorde co país soñado por aquela xeración devastada polo fascismo.