Construción de encoros e empobrecemento rural: As Conchas (Ourense), 1943-1950

Rico Boquete, E. (2021): "Construción de encoros e empobrecemento rural: As Conchas (Ourense), 1943-1950", en Artiaga Rego, A.; Balboa López, X.L:; Fernández Prieto, L. e Rico Boquete, E. (eds.),  Á volta do tempo. Estudos de Historia Contemporánea, Vigo, Xerais, p.  259-294

Coa posta en funcionamento da central de As Conchas (Ourense), en setembro de 1949, o sector eléctrico galego iniciaba unha etapa de rápido crecemento que o situaría á cabeza da produción hidroeléctrica española. Esta expansión, que se mantivo ata 1970, baseouse na existencia de abundantes recursos hídricos e foi posible grazas á implantación dunha política de construción de encoros que, en poucos anos, transformou as concas dos principais ríos galegos.