Agrarismo de mulleres na folga das leiteiras de 1910 en Ferrol. Revisando o agrarismo

Fernández Prieto, L. (2021): "Agrarismo de mulleres na folga das leiteiras de 1910 en Ferrol. Revisando o agrarismo", en Artiaga Rego, A.; Balboa López, X.L:; Fernández Prieto, L. e Rico Boquete, E. (eds.),  Á volta do tempo. Estudos de Historia Contemporánea, Vigo, Xerais, p. 175-222

Nun país das mulleres e no tempo das viúvas de vivos, como non as vemos na organización agraria? Ulas elas, no agro no que a muller traballa fóra coma o home e amais na casa? Cun enfoque que poña en primeiro plano a produción e o mercado, combinado cunha ollada doméstica e comunitaria atopamos as mulleres sen esforzo. Sábese que estaban, onde e que facían.