Armenios e kurdos fronte ao novo imperio otomán

Shawki Aziz, Y. (2020): "Armenios e kurdos fronte ao novo imperio otomán", en O mundo en Galego. Comprender o global dende aquí, Vigo, IGADI, p. 54-57.

No complexo conglomerado étnico, racial e relixioso de Oriente Próximo en xeral e na rexión do Crecente Fértil e o antigo Le-vante en particular, destacan tres grupos humanos cuxos devanceiros xa ocupaban este territorio miles de anos antes de Cristo. Tres grupos humanos ca-racterizados por unha longa historia de invasións, ocupacións e xenocidios.