Apropiación do espazo público e memoricidio: do golpe de 1936 ás políticas públicas da memoria

Miguez Macho, A. (2019): "Apropiación do espazo público e memoricidio: do golpe de 1936 ás políticas públicas da memoria", en Boullón Agrelo, I. e Méndez, L. (eds.), Estudos de onomástica Galega IV. Os nomes das rúas, A Coruña, RAG, p. 55-74.

Esta transformación da toponimia do espazo público foi entón obxecto de debate político e social, como xa o fora con anterioridade, e forma parte das dinámicas propias da sociedade plural que se foi construíndo ao longo das décadas anteriores. Confluíron no debate diversas perspectivas: as que se apoiaban na lexitimidade puramente política que pretendía homenaxear os heroes mártires do novo sistema republicano; os que non compartían o continuo cambio de nomes e preferían manter o “panteón” de homes de prol clásicos, ou as que poñían en valor o sentido social dos nomes “tradicionais”.