A visita de Isabel II a Galicia en 1858. Monarquía e provincialismmo ao servizo da nacionalización

Incorporamos á nosa base bibliográfica o libro de Margarita Barral Martínez (HISTAGRA): A visita de Isabel II a Galicia en 1858. Monarquía e provincialismmo ao servizo da nacionalización, Santiago de Compostea, Sotelo Blanco/Consorcia de Santiago.
"No discurso local a maleabilidade dos termos "patria" e "patriotismo", en clave española, foi evidente ao longo do século XIX. Pero esa idea de patria mitificada desde a Guerra da Independencia seguía presente na realidade popular galega de 1858? A través deste traballo poderiamos afirmar que hai un patriotismo local, aínda que difuso e ambiguo, na primeira metade do século XIX. Pero as manifestacións máis evidentes na difusión do nacionalismo español acontecen na segunda metade do século e relacionadas con episodios concretos de celebracións públicas como a visita de Isabel II e a súa familia a Galicia en setembro de 1858. Os medios empregados para a difusión desde nation-building no momento da visita están cargados de simboloxía española: a mesma Coroa e as elites que a acompañan, a idea de progreso, a Igrexa e símbolos como bandeiras, escudos reais e coroas, o pendón de Castela, os sons da Marcha Real e un longo etc. Neste sentimento de nación estaría incluída a variedade rexional, o autóctono, lexitimizado a partir do movemento provincialista dos anos corenta. Encadrámonos polo tanto na difusión do natio-building que abrollaba da man da cultura política liberal e que en episodios de transcendencia social o sentimento de identificación hexemónica chegou a toda a sociedade, non só ás elites; porén, a permanencia dese nacionalismo banal nas clases populares non foi tan evidente." [editorial]