La institucion libre de enseñanza y la educacion de la mujer en españa: la residencia de señoritas, 1915-1936

Theses
Autora: Raquel Vázquez Ramil
Director: Ramón Villares Paz
Ano: 1989   

 

RESUMO

«Na presente tese estúdase o modelo educativo para a muller proposto pola ILE. A tese fai unha introdución historiográfica sobre os textos krausistas e institucionistas, baseándose fundamentalmente no tema da educación feminina. Analízase tamén o labor da Xunta de Ampliación de Estudos no mesmo campo e faise unha aproximación cuantitativa da presenza da muller nos centros de ensino superior.
Dende o capitulo IV ata o VII, ambos os dous inclusive, estúdase a residencia de señoritas de Madrid dende as distintas vertentes: vicisitudes e oportunidade da súa creación. A figura de M. de Maeztu, como máxima impulsora da experiencia residencial. As actividades da residencia, organización interna e contactos con outras institucións afíns. Dedícase un capitulo á educación superior da muller en Estados Unidos, por ser unha constante referencia nos contactos da Residencia de señoritas, e finalmente o desmantelamento da obra durante a guerra civil española.
A tese inclúe apéndices documentais».