O poder da arte na Nueva España de Franco a través da idea de Imperio

Tomé Urresti, I. (2018): "O poder da arte na Nueva España de Franco a través da idea de Imperio", Anuario brigantino, nº 41, p. 449-462

Neste artigo abordaremos a relación dialéctica entre estética e poder durante o franquismo a través da idea de ‘Imperio’ que é tratada, normalmente, de forma superficial. O franquismo creou un imaxinario envolvente coas ideas de vitoria, de paz, de poder e de Imperio. Veremos a través de certos exemplos de diferentes manifestacións artísticas como se mostra neste imaxinario oficial a idea de ‘Imperio’. Unha das hipóteses que destacamos da nosa proposta é o paradoxo que se establece coa arte de épocas ditatoriais pois, no canto de favorecer a liberación da vida cotiá das persoas, conduce a un alienante proceso de adhesión e de identificación estética