Actualidade

CONFERENCIA E PRESENTACIÓN DO LIBRO SALAZAR E OS FASCISMOS DE FERNANDO ROSAS (U. NOVA DE LISBOA)

O próximo luns día 1 de abril ás 19 h. terá lugar a conferencia REVOLUÇÃO E TRANSIÇÃO. O FIM DAS DITADURAS IBÉRICAS a cargo do profesor da Universidade Nova de Lisboa Fernando Rosas. Será na Aula 10 da Facultade de Historia.   O mércores día 3 de abril, ás 20 h. na librería Couceiro (Praza da Cervantes, Santiago de Compostela), Fernando Rosas, acompañado polos profesores da USC Lourenzo Fernández Prieto e Elías J. Torres Feijó presentarán o libro SALAZAR E OS FASCISMOS. Ambas actividades están organizadas polos Grupos de Investigación HISTAGRA e GALABRA