MUNDOS RURAIS EMERXENTES: NOVAS ENCRUCILLADAS E RETOS FUTUROS
Encontros de investigación 2020
“MUNDOS RURAIS EMERXENTES: NOVAS ENCRUCILLADAS E RETOS FUTUROS”
Os encontros de investigación “Mundos Rurais Emerxentes”, organizado polo Grupo de Estudos Territoriais (GET) da Universidade da Coruña, indagan nos recentes procesos de desconfiguración e reconfiguración social de territorios rurais ao longo das dúas primeiras décadas do séculoXXI. Dende a súamultifuncionalidade como espazos de produción agraria ou enerxética, de tránsito, de recreación e uso turístico, ou como provedor de recursos ás cidades (por exemplo, auga) ou receptor de lixo urbano, distintos mundos rurais fóronse configurando e reinventando de moitas maneiras distintas, transformándose, mutando, aparecendo e desaparecendo a medida que as súas funcións ían cambiando.
Nesta ocasión participa nos encontros o IP de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto, o día 16 de decembro ás 18:45.
DEBIDO ÁS MEDIDAS TOMADAS A CAUSA DA COVID-19 O EVENTO SERÁ TRANSMITIDO POR TEAMS EN ABERTO: