Falecemento da colaboradora de nomesevoces.net Mariquiña Villaverde Otero

Hoxe chegounos a nova do pasamento da colaboradora de nomesevoces.net Mariquiña Villaverde Otero, na Coruña

 

Mar y Luz Villaverde, ou como era coñecida, Mariquiña Villaverde foi unha das principais colaboradoras do proxecto nomesevoces.net desde o ano 2006. Grazas ao seu labor e xenerosidade, hoxe podemos amosar a tod@s @s interesad@s máis dun cento de documentos e fotografías relativas á Coruña e Galicia, así como ao movemento obreiro e nomeadamente ao anarquismo e ao asociacionismo cidadán ao redor da Memoria Histórica desde os anos vinte até a actualidade.

 

Filla do histórico dirixente da CRG, José Villaverde Velo, asasinado en agosto de 1936 (http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/4380/), pertenceu a unha familia de fondas conviccións obreiristas, tanto na Coruña como en Santiago de Compostela

 

Grazas ao bo facer primeiro da súa familia e logo dela, puidose poñer a disposición da cidadanía o enorme legado de Villaverde Velo, tanto a colección de xornais anarquistas, que se poden consultar en http://www.nomesevoces.net/gl/fondos/,  como o resto de documentación que foi donada á RAG en 2011.

 

 

A contribución ao enriquecemento dos fondos orais do proxecto, hoxe consultables en terraememoria.net tamén lle debe moito a ela.