Ramón Villares, de HISTAGRA, premio Otero Pedrayo 2019

O investigador de HISTAGRA, Ramón Villares foi recoñecido co premio Otero Pedrayo 2019

 

O premio, dotado con 16.000 Euros e compartido nesta ocasión co escritor Paco Martín, que ten por obxecto recoñecer e homenaxear a persoas ou entidades egrexias no campo das letras e do coñecemento, así como promocionar os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e a mellora da súa cidadanía e institucións

 

O Premio Otero Pedrayo foi instaurado no ano 1977 e na actualidade é promovido polas catro deputacións provinciais galegas e a Xunta de Galicia. A Deputación de Lugo encárgase este ano da organización do galardón, que recoñece a dúas figuras da cultura galega con raíces nesta provincia