HISTAGRA e REVOLTA na xornada Galicia Baleirada. Viana do Bolo, 27 de setembro de 2019

Xornada A Galicia Baleirada, Viana do Bolo, 27 de setembro de 2019

E o despoboamento unha causa ou un efecto? Cal é a situación en Galicia? Existen alternativas ou debemos afacernos a esta realidade? Estas son algunhas das inquedanzas que se tratarán de responder na xornada A Galicia Baleira que terá lugar no Salón de Actos da Casa do Concello en Viana do Bolo (Ourense) o venres 27 de setembro.

A rede REVOLTA, composta por oito grupos de investigación, xunta a 15 investigadores/as e unha poeta co obxectivo de afondar nunha preocupación social cunhas dimensións transcendentais para o futuro de Galiza. O despoboamento e o envellecemento, que afecta especialmente a Ourense e Lugo debe ser abordado dende múltiples ópticas e a través dun debate. A xornada concíbese como un espazo para o debate, polo cal ábrese ao conxunto da cidadanía. Tecer lugares de encontro entre a sociedade e a universidade é un dos sinais de identidade da rede REVOLTA e supón un compromiso por xerar espazos de intercambio de coñecemento.

Máis Información:

http://revolta.usc.gal/2019/09/13/a-galicia-baleirada-a-debate-o-27-de-setembro-en-viana-do-bolo/

Documentos