Chamada Candidatxs Juan de la Cierva: modalidade formación. Convocatoria 2019

Chamada Candidatxs Juan de la Cierva: modalidade formación

Desde O Grupo de Investigación HISTAGRA informamos que:

Admítense propostas de candidatxs para a solicitude de contratos de investigación postdoutorias Juan de la Cierva Formación para o vindeiro curso.  A comezos de decembro de 2019 prevese a apertura oficial da convocatoria, segundo as datas oficiais avanzadas polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

As solicitudes terían que achegarse a histagra@usc.es antes do 29 de novembro de 2019,

facendo constar:

Nome e apelidos e Carta de presentación
Breve curricula
Proposta de Investigación