Os fondos orais de TERRA E MEMORIA xa se poden consultar en sala

O arquivo www.terraememoria.usc.gal constitue un pioneiro avance na xestión da historia oral. A creación deste fondo facilita o acceso á información froito de décadas de traballo dos grupos de investigación da USC HISTAGRA, HISPONA E HISTAAMERICA. A creación desta web constitue un espazo de distribución de coñecemento que permite amplificar a públicos interesados as máis de 2000 entrevistas recollidas e indexadas no catálogo.

A través da web podense acceder aos fondos dispoñibles, mais para escoitar todos os fondos cómpre acceder ao mesmo en sala, é decir fisicamente. Por esto motivo vimos de abrir un espazo físico no despacho 412 na Facultade de Filosofía da USC situada na
praza de Mazarelos en Compostela. Este arquivo está aberto os mércores de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 19:00. Agardamos que nun breve prazo podamos ampliar o horario de acceso. Este arquivo conta co bo facer dun equipo de arquiveiros que poderán resolver calquer dúbida ao respecto dos fondos e do seu manexo.

Para poder acceder a este arquivo cómpre pedir cita a través do email terraememoria@usc.gal para así poder solicitar o acceso a todos os fondos que recolle este repositorio web  de entrevistas orais sobre a Historia do século XX sistematiza testemuñas orais referidas a tres centros de interese:

Historia social da vida cotiá e do mundo rural.

Migracións a América e Europa: orixes, viaxes, traballos, retornos.

Vítimas das persecucións do golpe, a guerra e a represión franquista.


Os fondos orais agora reunidos recollen a memoria do pasado da xente común de Galicia no século XX; un territorio europeo atlántico de intensa e antiga ocupación que desenvolve unha agricultura moi intensiva e drena unha gran corrente migratoria cara América antes de 1950 e cara Europa despois. Unhas xentes que protagonizaron a mesma historia europea de traballos, tránsitos do rural ao urbano, migracións e retornos, progresos persoais e colectivos, tamén de guerras, fascismos e democracias que caracterizou o século XX.

Para aquelas persoas interesadas en acceder aos fondos recomendamos que se rexistren na propia web e dende alí seleccionar cales son as entrevistas que desexan escoitar. A través do buscador da propia web pódense seleccionar as entrevistas tanto por temáticas, como por etiquetas, fondos ou lugares, polo que axiliza o proceso de procura de información.

Calquer dúbida ao respecto pode ser solucionada enviando un email a terraememoria@usc.gal